"O centro do teu corazón é o lugar mesmo onde comeza a vida. E é tamén o sitio máis bello que existe" Rumi
"O centro do teu corazóné o lugar mesmo onde comeza a vida.E é tamén o sitio máis bello que existe" Rumi

~~~~~~~ ~~~~~~~

Corazón do Loto é un espazo ayurvédico e orgánico que nace no lodo como o Loto e emana vida como o Corazón, así nace e brota o seu nome e comeza a latir en decembro do 2014.

 

Ayurveda significa “a ciencia da vida”. É una palabra en sánscrito que deriva de dúas raíces: ayus e vid que significan “vida” e “conhecemento”. Ayus son os ciclos vitais diarios que representan o corpo, os sentidos, a mente e a alma. Ayurveda ten en conta os elementos físicos, mentais, emocionais e espirituais da vida, necesarios para a saúde e o benestar.

 

Orgánico procede do latín “organicus” dise dun corpo que presenta aptitudes e condicións  para ter vida. Referido ao alimento, ao que nos nutre e sostén é o que se obtén por procesos saudables e respetuosos co medio ambiente, facendo uso dun xeito óptimo dos recursos naturais, respetando os seus tempos.

 

Tanto Ayurveda como Orgánico aúnan na súa esencia armonía e consonancia. Esa é a misión de Corazón do Loto ofrecendo accesibilidade ao mundo das terapias, ao reencontro coa nosa esencia e ao equilibrio vital a través da alimentación orgánica, a aromaterapia, a cosmética natural, a fitoterapia, os libros, a música e diferentes terapias como as masaxes e os tratamentos ayurvédicos, a facioterapia Dien Chan, a reflexoloxía podal e as flores de Bach - terapia floral.

 

"A nosa maior grandeza

está na suavidade e tenrura

do noso corazón"

Rumi

~~~~~~~ ~~~~~~~

Tenda

Terapias

Actividades

~~~~~~~ ~~~~~~~

Síguenos en:

~~~~~~~ ~~~~~~~

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Corazón do Loto, S.C.