"O centro do teu corazón é o lugar mesmo onde comeza a vida. E é tamén o sitio máis bello que existe" Rumi
"O centro do teu corazóné o lugar mesmo onde comeza a vida.E é tamén o sitio máis bello que existe" Rumi

~~~~~~~ ~~~~~~~

Actividades

Periódicamente Corazón do Loto transfórmase nun lugar onde podes disfrutar de conferencias, charlas, talleres, cursos, proxeccións, concertos e diferentes actividades sempre vinculadas á saúde e ó benestar nun entorno armónico e próximo.

 

"A saúde é a maior posesión,

a alegría é o maior tesouro

e a confianaza é o maior amigo"

Lao Tzu

 

A continuación podes ver as actividades que xa realizamos e as que temos programadas para facer en breve. Agardamos que sexan do teu interés e aceptamos calquera tipo de suxerencia ou proposta que tenhas para realizar no noso espazo.

~~~~~~~ ~~~~~~~

Corazón do Loto en colaboración coa Asociación Española de Meditación Vipassana www.meditacionvipassana.com, inicia un grupo para a práctica e a investigación da Meditación Vipassana, non dogmático e aberto a toda persoa interesada independientemente do seu credo ou relixión.

 

"Non se medita para telo todo, medítase para deixalo todo..."

~~~~~~~ ~~~~~~~

~~~~~~~ ~~~~~~~

"Danza Espello e Mindfulness en Movemento" con Mita Beutel (18 de Abril do 2017)

Atentos ao ritmo ao pulso da vida, poderemos practicar a atención, a respiración e a conciencia corporal.
Aprender con movementos sinxelos, espontáneos, axúdanos a relaxar a mente e ábrenos á oportunidade para escoitar o corpo, a mente e o entorno, nutrindo a vida con experiencias compartidas.

 

Martes, 18 de Abril de 20:30 a 22:30.

Prezo: 25 € (Reserva a túa praza)

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

"Danza Espello - Biografía en Movemento" (21 de Marzo do 2017)

Verte no espello do movemento a través dunha performance. Fragmentos de vida a través do baile.
A Danza Espello invítate a unha experiencia diferente e única para celebrar a entrada de cada nova estación do ano.

 

Martes, 21 de Marzo ás 20:30.

Prezo: 15 € (Reserva a túa praza)

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

"Danza Espello e Mindfulness en Movemento" con Mita Beutel (25 de Febreiro do 2017)

Atentos ao ritmo ao pulso da vida, poderemos practicar a atención, a respiración e a conciencia corporal.
Aprender con movementos sinxelos, espontáneos, axúdanos a relaxar a mente e ábrenos á oportunidade para escoitar o corpo, a mente e o entorno, nutrindo a vida con experiencias compartidas.

 

Sábado, 25 de Febreiro de 17:30 a 19:30.

Prezo: 25 € (Reserva a túa praza)

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

"A importancia dun bo cuidado do intestino para preservar a saúde" (17 de Febreiro do 2017)

Conferencia gratuíta: "A importancia dun bo cuidado do intestino para preservar a saúde". A cargo de Mª Teresa Rejas Nutricionista e Terapeuta floral.
O intestino: O segundo cerebro, é o pasaporte para conservar a nosa saúde.
Hiper-permeabilidade intestinal : a inflamación silenciosa.
Intolerancias alimentarias e alerxias: diferencias.
Alimentación e suplementación para cuidar do intestino: Máis que adquirir unha nova alimentación, poderíase decir ir cara unha vella (ancestral) alimentación , importancia dos prebióticos e probióticos.

 

Venres, 17 de Febreiro ás 20:30

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

"A postura humana e a linguaxe dos pés" (12 de Febreiro do 2017)

Dor de pés?, dor de espalda?, dedos en garra?, formigueos?, calambres?, pés hinchados?, dores cervicais?, mala circulación sanguínea?, pés fríos?...
Cada síntoma manifesta unha causa interior.
Descubre como a forma de ponher os pés sobre a terra determina no só a túa postura física, sinón tamén a túa posición ante a vida e o que esta pon ante ti.
Os pés son os nosos cimentos, as nosas raices e dannos constantemente mensaxes.

 

Domingo 12 de Febreiro.

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Danza Espello - Biografía en Movemento (21 de Decembro do 2016)

Verte no espello do movemento a través dunha performance.
Fragmentos de vida a través do baile.
A danza espello invítate a unha experiencia diferente e única.

 

Mércores 21 de Decembro ás 20:30 h.

Prezo 15€
Prazas limitadas.

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Charla Un paso hacía ti "A postura humana e a linguaxe dos pés" (26 de Novembro do 2016)

Dor de pés?, dor de espalda?, dedos en garra?, formigueos?, calambres?, pés hinchados?, dores cervicais?, mala circulación sanguínea?, pés fríos?...
Cada síntoma manifesta unha causa interior.
Descubre como a forma de ponher os pés sobre a terra determina no só a túa postura física, sinón tamén a túa posición ante a vida e o que esta pon ante ti.
Os pés son os nosos cimentos, as nosas raices e dannos constantemente mensaxes.

 

Sábado 26 de Novembro ás 20:00 h.

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Charla de Jordi Cañellas "As utilidades de falar o idioma planta" (11 de Novembro do 2016)

Jordi Cañellas adentrarase no idioma da Natureza para poder comprender as Flores de Bach e discernir os seus beneficios e bondades.

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Taller: Corpo, Ritmo e Movemento con Nósnadanza (28 de Xunho do 2016)

Neste taller impartido por Nósnadanza imos contactar con diferentes prácticas corporais e musicais, proporcionando a integración corpo-mente, dialogando coa diversidade cultural. Os temas abordados serán: danzas tradicionais e ibéricas, xogos corporais, música orgánica, percusión corporal, dinámicas de expresión corporal e improvisación según os principios de Laban. Traballarase a exploración individual e en grupo, dunha maneira creativa e lúdica, enriquecendo a nosa vivencia con materiais reciclables.


Martes 28 de Xunho de 19:30 a 21:00
Prezo 20€
Prazas limitadas.

Máis información no Tfno: 881 819256

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Tira da Mantra - Concerto de Mantras con Mónica de Nut (26 de Maio do 2016)

"A música ten a virtude de evadirnos dos problemas. Os Mantras son cancións especialmente escollidas para este propósito. Invítovos a compartir a miña escolla. Tiremos da Mantra!!!"
Xoves 26 ás 20:30
Prezo 10€
Venta anticipada.

Máis información no Tfno: 881 819256

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Taller Introducción á Meditación (7 de Maio do 2016)

Acércate a ti mesmo. Desenrola unha mente clara, aberta e bondadosa.
Impartido por Celia Gradín www.kilkor.org
Sábado de 16:30 a 20:30
Prezo 35€
Reserva no tlf: 881-819256
Plazas limitadas.

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Concerto de Flauta Zen a cargo de Rodrigo Rodríguez (15 de Abril do 2016)

Rodrigo Rodríguez presenta o Shakuhachi, unha flauta xaponesa que a diferencia da tradicional flauta travesera suxeítase verticalmente como unha flauta doce. Austeras e meditativas na súa natureza as pezas Honkyoku que integran o programa deste concerto, foron compostas anónimamente e transmitidas mediante oralidade polos monxes budistas Zen no Xapón, desde fai máis de quinientos anos.
Aforo limitado.
Venta anticipada 15€

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Presentación da marca La Espiral Verde - Cosmética ecolóxica galega (17 de Marzo do 2016)

Presentación da marca galega La Espiral Verde. Cosmética a base de algas ecolóxicas de Galicia. Marca creada por dúas emprendedoras de Vigo, Ana e Rosaura que estarán con nós compartindo experiencia.
Cosmética práctica para xente dinámica.

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Conferencia I Ching. Un libro de ruta para a xestión do Cambio (18 de Febreiro do 2016)

O I Ching, o Libro Clásico do Cambio, é un dos libros fundacionais da civilización chinesa. A súa pegada no substrato cultural oriental é longa e profunda dende o seu nacemento ata hoxe en día. Nesta charla imos falar da nosa visión do I Ching, e da súa aplicación práctica como método de traballo persoal que sempre vainos situar nun mesmo, no presente, e na nosa capacidade de acción, para axudarnos a entender e xestionar o cambio nas nosas vidas. Co ese obxectivo explicaremos varios casos prácticos.

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Charla-Presentación da Formación en Danza Espejo con Mita Beutel (21 de Xaneiro do 2016)

A Danza espejo, axúdanos a explorar a vida. Despertala pel para poder sentir e captar o espazo externo e interno. Cada encontro é un recordatorio de onde estamos vivindo, como estamos construíndo o espazo entre perdernos e atoparnos.

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Cómic e Espiritualidade, presentación de "Advaita" de Iván Sende (22 de Decembro do 2015)

Iván Sende acompanharanos presentando a súa última obra "Advaita", unha dobre viaxe que combina cómic e espiritualidade. Como armonizar a búsqueda espiritual e a vida contemplativa cos retos por outro lado dunha vida ordinaria: parella, traballo, familia, economía…?

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Conferencia de Pepe Cortiñas Alvilares (26 de Novembro do 2015)

"Volviendo a Bach, la enfermedad y su origen". Pepe Cortiñas Alvilares, terapeuta floral e presidente de Galibach, falaranos da súa investigación e experiencia sobre o legado que nos deixou o Dr. Edward Bach.

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Charla degustación con Lorena Fernández (8 de Outubro do 2015)

Lorena Fernández é a fundadora e directora de Escola Vital. Explicaranos como saber cando, como, porque e para que... comemos o que comemos. Unha arte esquecida que debemos recuperar.

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Conferencia de Carmen Hernández Rosety (2 de Outubro do 2015)

Carmen Hernández Rosety co-autora xunto a Ricardo Orozco do libro "Flores de Bach. Recursos y estrategias terapéuticas", falaranos desta publicación e presentaranos o taller monográfico que impartirá o sábado 3 e domingo 4 na sede de Galibach sobre o proceso terapéutico.

 

Máis información pinchado AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Conferencia de Jordi Cañellas (12 de Xunho do 2015)

Jordi Cañellas presentará o seu último libro El 2º cuaderno del Jardí: "La aplicación de las flores de Bach en los chakras".
Aproveitará tamén para presentarnos o taller teórico práctico de signatura, chakras e esquemas das flores de Bach, que organiza Galibach o sábado 13 e domingo 14 na súa sede.

 

Máis información pinchando AQUÍ

~~~~~~~ ~~~~~~~

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Corazón do Loto, S.C.