"O centro do teu corazón é o lugar mesmo onde comeza a vida. E é tamén o sitio máis bello que existe" Rumi
"O centro do teu corazóné o lugar mesmo onde comeza a vida.E é tamén o sitio máis bello que existe" Rumi

~~~~~~~ ~~~~~~~

Terapias

"A pel, o caparazón flexible e continuo dos nosos corpos, cúbrenos por completo, como unha capa.

É o máis antiguo e o máis sensible dos nosos órganos, o noso primeiro medio de comunicación e o noso protector máis eficaz"

Ashley Montagu

 

               Consultas             Sesións             Vales Agasallo            Bonos Masaxe

 

Consulta no noso teléfono 881 819256

 

Masaxe ayurvédica

 

A masaxe é o noso segundo alimento, nutre a pel, os tecidos e as células. A pel está conectada íntimamente co sistema nervioso central, por tanto a masaxe otorga unha axuda profunda no corpo, na mente e no espíritu.

A masaxe ayurvédica proporciónanos maior vitalidade, sensación de equilibrio, calma e relaxación.

 

Si se recibe periódicamente constitúe unha excelente ferramenta preventiva e facilítalle ao corpo a resolución de conflictos, xa que promove a enerxía e estimula a producción de anticorpos mellorando o sistema inmune. Agudiza os sentidos, elimina toxinas activando o sistema linfático, dalle máis flexibilidade e movilidade ao corpo aumentando a capacidade respiratoria e tomando conciencia da propia postura corporal, axuda a concilialo sono e retrasa o envellecemento.

 

Non hai que esquecer que a súa prioridade é mellorar o equilibrio interior da persoa, o que fortalece a súa resistencia ante a enfermidade e o malestar ante a vida. O carácter curativo da masaxe ayurvédica tamén é útil en dores de espalda, problemas dixestivos, xinecolóxicos, ansiedade, migranhas, etc e nun sin fin de oportunidades en todolos ciclos naturaís da vida.

Flores de Bach - Terapia floral

 

"Os remedios curan, non porque ataquen a enfermidade,

sinón porque inundan os nosos corpos con fermosas vibracións da nosa natureza superior

en presencia dela a enfermidade disólvese como a neve baixo a luz do sol.

Non hai auténtica curación, a menos que haxa un cambio nos puntos de vista, paz na mente e felicidade interior”

Edward Bach

 

As flores de Bach acompánhannos no proceso de restablecer e conseguir un equilibrio armónico entre corpo, emoción, mente e alma, e constituen un auténtico modo preventivo de toma de conciencia e de crecemento persoal. Bríndannos a oportunidade de armonizarnos e equilibrarnos facéndonos conscientes de estados negativos e axudándonos a cultivar a virtude oposta.

Facioterapia Dien Chan

A facioterapia Dien Chan é un método de reflexoloxía facial é foi creada polo mestre Bùi Quôc Châu de Hô Chí Minh City (Vietnam).

 

“Dien” significa cara e superficie e “Chan” diagnóstico e tratamento.

 

Así como a reflexoloxía podal, móstranos o corpo humán proxectado sobre a planta dos pés a facioterapia Dien Chan ofrece proxeccións sobre a cara o que se denominan esquemas de reflexión. A combinación das técnicas de estimulación guiadas tanto polos esquemas de reflexión como polas ferramentas de Dien Chan, baseadas no principio do yin/yang, fan dela una técnica creativa e dinámica.

Reflexoloxía podal

A reflexoloxía podal  é calma, armonía e serenidade. Activa a propia enerxía producindo equilibrio. O pé é un perfecto microcosmos, un mapa da totalidade do noso corpo, tódolos órganos e glándulas están representados nel. As callosidades, as linhas en diversas profundidades, lunares, verrugas, distintas temperaturas e texturas da pel escriben as memorias de emocións dolorosas e pérdidas do pasado.

 

A reflexoloxía estimula as capacidades do propio corpo en canto a xenerar benestar a partir da mellora no funcionamento dos sistemas que conforman o organismo.

~~~~~~~ ~~~~~~~

~~~~~~~ ~~~~~~~

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Corazón do Loto, S.C.